Fai varios días, despertabamonos coa tráxica noticia de saber que un gran terremoto asolagara a illa de Haíti, deixando o país máis pobre de América, ainda peor.
O ve lo na televisión, produciume unha gran pena e comecei a chorar, é o máis triste que pasou neste novo ano, aínda que seguro que pasaron moitas cousas malas pero das que non sabemos ou non nos damos conta.
Este terremoto, foi o peor que lle puido pasar ós nosos irmán haitianos, deixandoos sen o pouco que teñen.
Ver a eses neniños tan pequenos e miudiños, soiños na rúa en busca dos seus pais mortos ou dalgunha comida que non hai, faiche pensar no ben que vivimos; estar a vivir nun lugar acomodado, non sufrindo, terremotos, nin catátroes naturais das que cada vez entendes menos.
Así que o único que nos queda é esperar, esperar a ver se aparece algún outro corpo con vida do medio dos cascallos, e tamén esperar a ver se este pobo máis ou menos rápido aprende a sobrepoñerse e a seguir adiante.
Hai que dar as gracias a todas as persoas que en menor ou maior medida fixo que o terrible fose menos terrible:
A todos ese bombeiros e equipos de rescate que sacaron forzas dende onde non as tiñas para recuperar a esas persoas que pensaron que xa nunca verían a luz do día.
Tamén temos que agradecer a eses famosos, que parecen que non teñen problemas, e que están a doar ese diñeiro, que teñen para esta xente que se conforma con tan pouco.
E como non os periodistas de medio mundo, que están alí, soportando as altas temperaturas, o olor dos cadáveres, as réplicas, todo para poder chegar a nos información.
En difinitiva, temos que estar con este país nas súas horas máis baixas porque isto non podería pasar a calquera.