jueves, 24 de diciembre de 2009

O POR QUÉ DE BARALLOBRE

Barallobre é unha parroquia de Fene que está situada o noreste de Galicia, concretamente na provincia da A Coruña.

É unha aldea pequena e todas as persoas que vivimos nela nos coñecemos.

Se a dividimos cos diferentes puntos cardinais encontraríamos no sur a Ribeira, alí temos unhas praias bastante contaminadas, pero tamén moi fermosas. Atópase a lonxa traballada pola xente de aquí. Nestas épocas de Nadal hai moita venta dos diferentes moluscos que se collen na ría.

O oeste está Maniños outra parroquia de Fene.

O este temos os lugares do Ramo e o Penedo, lugar que linda coa parroquia de Perlío. O monumento do Camiñante descoñecido está situado na estrada principal que comunica Ferrol con Ares.

No centro de Barallobre temos o casino, onde cada pouco tempo hai actuacións, bailes, festas... Tamén está o instituto I.E.S de Fene que é onde eu estudo. Aquí tamén é onde eu vivo.

A parte de todo isto Barallobre presenta unha variada riqueza paisaxística.

O clima de Barallobre coma no resto de Galicia é húmido, con abundantes chuvias e temperaturas suaves.

Para min é un orgullo vivir aquí. Non é que sexa unha gran cidade con moita poboación e moitas tendas, pero sentir todo preto, a amabilidade da xente coa que convives e o fresco aroma o estar o aire libre, fai que este lugar sexa o máis apropiado para vivir.

lunes, 5 de octubre de 2009

OLA


Ola.
Son Laura López Paz. Son unha rapaza de 14 anos que vive nunha pequena parroquia do noso pequeno concello de Fene, en Galicia.
Hoxe no club de lectura o que pertenzo, Loly, a nosa mestra, ensinoume a facer este blog.
A verdade é que me gusta moito a idea e espero facer moitos comentarios para que moita xente coma vós o poida ver e disfrutar del.
Espero que o vexa miota xente e non so de España e Galicia, que e onde estou, senón tamén doutros países e... como non, tamén doutros continentes.

Douvos un saúdo en todos os idiomas que coñezo:

- Ola

- Hola

- Hello

- Bonjour

- Òla

- Hallo

- Ni jao

Espero que sexa un gran blog e que teña moitas visitas e comentarios.