lunes, 25 de enero de 2010

TODOS CON HAÍTI

Fai varios días, despertabamonos coa tráxica noticia de saber que un gran terremoto asolagara a illa de Haíti, deixando o país máis pobre de América, ainda peor.

O ve lo na televisión, produciume unha gran pena e comecei a chorar, é o máis triste que pasou neste novo ano, aínda que seguro que pasaron moitas cousas malas pero das que non sabemos ou non nos damos conta.

Este terremoto, foi o peor que lle puido pasar ós nosos irmán haitianos, deixandoos sen o pouco que teñen.

Ver a eses neniños tan pequenos e miudiños, soiños na rúa en busca dos seus pais mortos ou dalgunha comida que non hai, faiche pensar no ben que vivimos; estar a vivir nun lugar acomodado, non sufrindo, terremotos, nin catátroes naturais das que cada vez entendes menos.

Así que o único que nos queda é esperar, esperar a ver se aparece algún outro corpo con vida do medio dos cascallos, e tamén esperar a ver se este pobo máis ou menos rápido aprende a sobrepoñerse e a seguir adiante.

Hai que dar as gracias a todas as persoas que en menor ou maior medida fixo que o terrible fose menos terrible:

A todos ese bombeiros e equipos de rescate que sacaron forzas dende onde non as tiñas para recuperar a esas persoas que pensaron que xa nunca verían a luz do día.

Tamén temos que agradecer a eses famosos, que parecen que non teñen problemas, e que están a doar ese diñeiro, que teñen para esta xente que se conforma con tan pouco.

E como non os periodistas de medio mundo, que están alí, soportando as altas temperaturas, o olor dos cadáveres, as réplicas, todo para poder chegar a nos información.

En difinitiva, temos que estar con este país nas súas horas máis baixas porque isto non podería pasar a calquera.


Crédito da imaxe: Alice Smeets

viernes, 15 de enero de 2010

O POR QUE DE BARALLOBRE

Barallobre é unha parroquia de Feneque está situado no noreste de Galicia, concretamente na provincia de A Coruña.
É unha aldea pequena e todas as persoas que vivimos nela nos coñecemos.
Se a dividimos cos diferentes puntos cardinais encontraríamos no sur a Ribeira, alí temos unhas pequenas praias, bastante contaminadas pero tamén moi fermosas. Atópase a lonxa, traballada pola xente de aquí. Nestas épocas de Nadal hai moita venta dos diferentes moluscos que se collen na ría.
O oeste está Maniños outra parroquia de Fene.
O este temos os lugares do Ramo e o Penedo, lugar que linda coa parroquia de Perlío. O monumento do Camiñante Descoñecido está situado na estrada principal que comunica Ferrol con Ares.
No centro de Barallobre temos o Casino, onde cada pouco tempo hai actuacións, bailes, festas... Tamén está o I.E.S de Fene, instituto onde estudo. Aquí tamén é onde eu vivo.
A parte de todo isto Barallobre presenta unha gran variedade paisaxística .
O clima aquí como no resto de Galicia é húmido, con abundantes chuvias e temperaturas suaves.
Barallobre é unha parroquia rural, hai poucos coches e pouca xente.
Aínda así os xóvenes de aquí podemos facer moitas cousas.
Como dixen antes podemos ir o Casino, tamén podemos ir polos marabillosos camiños e pequenos carreiros que temos nesta parroquia.
Ademais temos Internet, aquí hai diferentes páxinas especializadas onde atopamos diferente información sobre Barallobre. A páxina de www.mispueblos.es/galicia/a_coruña/barallobre nesta web podemos encontrar información sobre o lugar no que vivimos e tamén poñer fotos ou comentarios do que queiramos acerca do noso pobo.
Outro lugar onde podemos atopar cousas de Barallobre é a páxina de imaxes de Google http://images.google.es/images?hl=es&source=hp&q=barallobre&gbv=2&aq=f&oq= .
Tamén pódese atopar información interesante en http://maps.google.es/maps?hl=es&tab=il&q=barallobre nesta páxina podemos ver onde está Barallobre xeográficamente, como podemos ir, e as súas estradas e rúas principais.
Para min é un orgullo vivir aquí. Non é que sexa unha gran cidade con moita poboación e moitas tendas, pero sentir todo preto, a amabilidade da xente coa que convives e o fresco aroma o estar o aire libre, fai que este lugar sexa o máis apropiado para vivir.