Barallobre é unha parroquia de Fene que está situada o noreste de Galicia, concretamente na provincia da A Coruña.
É unha aldea pequena e todas as persoas que vivimos nela nos coñecemos.
Se a dividimos cos diferentes puntos cardinais encontraríamos no sur a Ribeira, alí temos unhas praias bastante contaminadas, pero tamén moi fermosas. Atópase a lonxa traballada pola xente de aquí. Nestas épocas de Nadal hai moita venta dos diferentes moluscos que se collen na ría.
O oeste está Maniños outra parroquia de Fene.
O este temos os lugares do Ramo e o Penedo, lugar que linda coa parroquia de Perlío. O monumento do Camiñante descoñecido está situado na estrada principal que comunica Ferrol con Ares.
No centro de Barallobre temos o casino, onde cada pouco tempo hai actuacións, bailes, festas... Tamén está o instituto I.E.S de Fene que é onde eu estudo. Aquí tamén é onde eu vivo.
A parte de todo isto Barallobre presenta unha variada riqueza paisaxística.
O clima de Barallobre coma no resto de Galicia é húmido, con abundantes chuvias e temperaturas suaves.
Para min é un orgullo vivir aquí. Non é que sexa unha gran cidade con moita poboación e moitas tendas, pero sentir todo preto, a amabilidade da xente coa que convives e o fresco aroma o estar o aire libre, fai que este lugar sexa o máis apropiado para vivir.
jueves, 24 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario